Sirius

Sirius

22/12/12

BOAS VACACIÓNS

O DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN DESEXA A TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA DO IES INDALECIO PÉREZ TIZÓN E A TODAS AS PERSOAS QUE NALGÚN MOMENTO SIGAN AS NOSAS PUBLICACIÓNS UNHAS BOAS FESTAS E UN ANINOVO FELIZ .

ATA O 2013 !

14/12/12

CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO: IGUALDADE

O Departamento de Orientación do IES ven desenvolvendo distintas actuacións  para previr a violencia de xénero e  promover a igualdade entre as persoas.

 O pasado mes de novembro desenvolveuse unha actividade nas titorías de 2º ESO titulada " Contra a violencia de xénero: igualdade"

O vindeiro 17 de decembro o alumnado de Educación Plástica de 4º de ESO participará na elaboración dunha VIDEOCREACIÓN sobre a historia  "A Cincenta que non quería comer perdices".  Dita actividade desenvólvese grazas a colaboración do C.E.D.I.M.  de Tui  e con profesionais da produtora Illa Bufarda. Sabemos que esta videocreación é colaborativa con alumnos e alumnas doutros IES de Galiza e Norte de Portugal, por iso aínda nos gusta máis .

  Seguiremos con novas propostas ao longo do curso.

SABORES DO MUNDO POLA CONVIVENCIA ESCOLAR

O Equipo de dinamización da convivencia e o Departamento de Orientación do IES Indalecio Pérez Tizón queren celebrar o fin do trimestre cunha actividade que una a toda a Comunidade Educativa.

Que temos en comun? Arredor de que actividade ou actividade nos reunimos e comunicamos cos nosos seres queridos e de xeito similar en todas as culturas? Que aspectos da  propia   identidae  cultural podemos compartir dun xeito facilmente comprensible para todos e todas?

Normalmente en todos os lugares do mundo os seres humanos desenvolvemos reunións e celebracións  onde  a comida e a elaboración de receitas propias teñen un papel protagonista. Entón,  por que non celebrar unha festa gastronómica co noso alumnado e os noso compañeiros ?

 Proponse a elaboración de receitas típicas dalgunha    festa do ano, no noso país ou noutro, e acompañalas dunha presentación escrita sobre a súa historia, os ingredientes, época do seu consumo....., e logo .....Por suposto comer todos xuntos e disfrutar do día!.

 Animádevos a participar ! O alumnado e profesorado voluntario  traerá os pratos elaborados da casa e tentaremos facer unha exposición conxunta ou por titorías. IMPORTANTE! Non  esquecer a explicación sobre os ingredientes, época do ano de consumo tradicional, etc


O último día lectivo do trimestre é o DÍA !

8/12/12

DICIMOS NON AO ACOSO ESCOLAR

Aquí déixovos algúns videos da campaña "Di no al acoso" . Penso poden ser de utilidade para que traballedes o tema nas sesións de titoría.

23/11/12

CONVOCATORIA DE ACREDITACIÓN DE COMPETENCIAS ADQUIRIDAS POLA EXPERIENZA PROFESIONAL OU DE VÍAS DE FORMACIÓN NON FORMAIS

A Dirección Xeral de Formación e Colocación convoca un procedemento para a avaliación e acreditación das competencias profesionais adquiridas polas persoas a través da experiencia laboral ou de vías non formais de formación, nas seguintes especialidades:
Atención sociosanitaria a persoas no domicilio.
Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais.
Confección e mantemento de artes e aparellos.
Servizos para o control de pragas.
Información xuvenil.
Socorrismo en instalacións acuáticas.
Socorrismo en espazos acuáticos naturais.
O prazo de inscrición para as unidades de competencia das cualificacións profesionais de Confección e mantemento de artes e aparellos e Servizos para o control de pragas estará aberto ata o 17 de decembro de 2012.
O prazo de inscrición para as unidades de competencia das cualificacións profesionais de Socorrismo en espazos acuáticos naturais, Socorrismo en instalacións acuáticas e de Información xuvenil abranguerá desde o 1 ao 31 de marzo de 2013, inclusive.
Máis información no DOG do 16 de novembro de 2012 e en http://traballoebenestar.xunta.es no enlace de certificados de profesionalidade.

20/11/12

¿QUE É O CURRICULUM EUROPEO?

  O Currículo Europeo é un modelo de "Curriculum Vitae"  que segue unhas pautas de elaboración  comúns  nos estados membros da Unión Europea. Actualmente esíxese a presentación deste modelo de  documento  na selección de persoal de moitas empresas,  así como nos procesos de validacións de estudos e  experienza profesional :  tal é como ocorre no proceso de acreditación  de competencias que actualmente existe no noso Estado para darlle un valor académico a experiencia profesional nun sector.
 Deixamos na seguinte ligazón un exemplo deste tipo de curriculo para que poidas consultalo. LIGAZÓN

13/11/12

TRASTORNOS ESPECÍFICOS DA APRENDIZAXE

TRASTORNOS DA APRENDIZAXE
;

TRASTORNO XERALIZADO DO DESENVOLVEMENTO

Os Trastornos Xeralizados do Desenvolvemento (TXD) teñen unha orixe neurobiolóxica. Aparecen nos primeiros anos da vida e afectan especialmente  ás capacidades de relación, comunicación e imaxinación.
 Para saber máis sobre os síntomas que presentan as persoas que os padecen e as medidas de atención educativa que se propoñen desde a Administración Educativa , preme na seguinte LIGAZÓN


26/10/12

COIDADO CO QUE COLGAS NA INTERNET

Video informativo para facerr un bo uso das novas tecnoloxías . Recomendado para poñer nas titorías da ESO e PCPI

23/10/12

CINE NAS AULA

O vindeiro 7 de Novembro o alumnado de 2º ESO participará unha vez máis no programa educativo CINE NAS AULAS organizado polos Servizos Sociais do Concello de Tui. A película que se proxectará na Área Panorámica é" COBARDES".Nesta película abórdase o tema do Bullyng ou acoso escolar. O alumando despois  reflexionará sobre o mesmo   na sesión semanal de titoría .
 

19/10/12

TRASTORNO DO ESPECTRO AUTISTA


Achégovos a ligazón  deste blog sobre o Trastorno  de espectro Autista. Moi interesante. Explica as características dun rapaz con TEA a través dos ollos da súa nai. Unha linguaxe sinxela e directa para coñecer mellor  este trastorno do desenvolvemento.http://afrontandoelautismoconsensibilidad.wordpress.com/

4/10/12

HÁBITOS E TÉCNICAS DE ESTUDO

Vídeo con consellos para mellorar nos hábitos de estudo Video con consellos para  elaborar  resumes

ALIMENTACIÓN SÁ

Uns bos hábitos de alimentación axudan a manter unha boa saúde e favorecen a aprendizaxe e o desenvolvemento intelectual

REVISTAS PARA ESTUDANTES

Na columna  da túa dereita tes algúnhas ligazóns de interese . Entre outras, deixamos o enderezo dalgunhas revistas de orientación académica que poden servir de axuda cando pensas que tipo de carreira universitaria ou Ciclo superior queres facer ao rematar o Bacharelato. Hoxe achegamos  unha nova que se denomina Y AHORA QUE . Preme sobre o seu nome e accederas sen problema.

28/9/12

INTEGRACIÓN EDUCATIVA

Achegamos  a ligazón dun artigo que fala sobre integración e atención á diversidade. Reflexións dunha nai que ten un fillo con necesidaes educativas especiais e os beneficios e problemas que conleva a integración no noso sisema educativo. Agardamos que sexa do voso interese . Para lelo premede no título do artigo: INTEGRACIÓN, UNA UTOPÍA POR LA QUE MERECE LA PENA LUCHAR .

19/6/12

OFERTA DE CICLOS DE FORMACIÓN PROFESIONAL

Achego a ligazón para consultar a oferta de ciclos formativos  do curso 2012-2013.

Non esquezas  que se aprobas todo en Xuño  debes reservar a praza antes do 2 de Xullo

Ligazón ciclos

CONSELLOS PARA ESTUDAR DURANTE O VERÁN


Algúns consellos para estudar no verán e preparar as materias que quedaron para setembro.





7/6/12

PROBAS PARA OBTENCIÓN DO TÍTULO DE BACHAREL PARA MAIORES DE 20 ANOS

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria  convoca probas para a obtención do título de Bacharel para maiores de 20 anos. Podes consultar a convocatoria se premes AQUÍ.

O centro educativo máis cercano onde os aspirantes se poden inscribir é  o centro EPA do Berbés en Vigo. A proba será o 25 de outubro de 2012.

30/5/12

ENCICLOPEDIAS ON LINE

A Fundación Eroski ven de publicar unha listaxe de enciclopedias on line  de moita utlidade para estudantes de diferentes niveis educativos Podes atopla pinchnado AQUÍ

26/5/12

COMO ELIXIR?

O Ministerio de Cultura e Educación ven de  publicar unha guía de orientación profesional e académica dedicada especialmente á Formación Profesional . Da mesma achego a ligazón .  

¿CÓMO  ELEGIR?

23/5/12

INFORMACIÓN DE INTERESE :RESIDENCIAS DE ESTUDANTES

Remataron as aulas en 2º de Bacharelato. Para todos e todas os que superaron as materias  NORABOA ! Queda agora a proba de acceso á universidade, a reserva de praza,decidir os estudos a cursar...... .


Para todo iso lembra que podemos botarche unha man no departamento de orientación e que neste Blog podes atopar información de interese e ligazóns sobre becas, residencias, etc. Achego algunhas:
CENTRO RESIDENCIAL DOCENTE DE VIGO podes solicitar beca de residencia.Especialmente para alumnado de ciclos formativos.
RIALTA residencias universitarias.A Coruña
RESA aloxamento para estudantes universitarios en Vigo.
SERVIZO UNIVERSITARIO DE RESIDENCIAS, SANTIAGO DE COMPOSTELA  Aquí atoparás a información de todas as residencias que dependen da USC
.

RESA  Residencia universitaria en Ourense

CONVOCATORIA DE BOLSAS DE RESIDENCIA UNIVERSIDADE DE VIGO: TODOS OS CAMPUS 




16/5/12

CINE NAS AULAS

Thank you for smoking' en Estados Unidos e  'Gracias por fumar' en Hispanoamérica, unha película estadounidense do ano 2005 dirixida por Jason Reitman e protagonizada por Aaron Eckhart, é unha sátira sobre o consumo de tabaco.
Nick Naylor (Aaron Eckhart) é o vicepresidnete da Academia de Estudos dol Tabaco, entidade que ten como obxectivo  buscar as relacions entre o cigarro e  cualquera mal para  os seus consumidores. Curiosamente é financiada en grande parte polas empresas tabacaleras do país e cuando Nick fala dos  resultados dos seus estudos, nunca perde o tabaco.
CRÍTICAS ----------------------------------------
"Una sátira salvaje y elegante al mismo tiempo. (...) Puntuación: ***1/2 (sobre 4)." (Roger Ebert: Chicago Sun-Times)
----------------------------------------
"El director ha hecho una película divertida de la divertida -y de verbo fácil- novela de Christopher Buckley sobre el lobby de las tabacaleras, pero la verdadera atracción aquí es la estrella Aaron Eckhart." (Manohla Dargis: The New York Times)
----------------------------------------
"Aviesamente inteligente. (...) la película no da respuestas (...) y ése es tal vez su mayor atractivo." (M. Torreiro: Diario El País)
----------------------------------------
"Con un tono brillante, sin caer en sensiblerías y sin difuminar los colores. (...) Puntuación: *** (sobre 5)." (José Manuel Cuéllar: Diario ABC)
----------------------------------------

15/5/12

PRAZAS PARA ESTUDANTES NOS CENTROS RESIDENCIAS DOCENTES

Convócanse prazas para residir no vindeiro curso 2012-2013 en calquera dos centros  residencias docentes de Galiza . Estas prazas ofértanse fundamentalmente para alumnado de Formación Profesional de grao medio e superior e os centros están ubicados en Vigo, Ourense e A Coruña . o prazo de solicitude remata o día 8 de xuño .Consulta a convocatoria

ESCOLA DE NAIS E PAIS

101 MANEIRAS DE ELOXIAR AOS RAPACES E MELLORAR O SEU NIVEL DE AUTOESTIMA

13/5/12

IMOS AO COLEXIO DE CALDELAS

  O vindeiro martes  15 de maio estaremos co alumnado de 6º de Primaria e coas súas familias no Colexio Foxo de Caldelas en Tui. Falaremos da nova etapa educativa que estes rapaces e rapazas van comezar , das súas características , dos cambios, ... . Falaremos tamén do IES, das súas normas, das actividades que no mesmo se desenvolven e de todo aquilo  que aos asistentes á reunión lles interese preguntar sobre o mesmo. Esta xuntanza desenvolverase  ás 16.30h.
 O día 14 de xuño, no IES, faremos unha Xornada de portas abertas para todo o alumnado que no vindeiro curso 2012-2013 comeza os seus estudios de E.S.O. no mesmo.
 Antes tamén iremos a Rebordáns e Guillarei:  Rebordáns o 29 de maio  e Guillarei o 5 de xuño.

BENVIDOS A TODOS !

RETRATO ADOLESCENTE

A Organización mundial da saúde ven de publicar un estudo sobre a adolescencia. Achégovos a a súa ligazón: RETRATO DOS ADOLESCENTES

10/5/12

CONDICIÓNS DE ACCESO A ENSINANZAS ARTÍSTICAS SUPERIORES

Achego a ligazón ao Diario Oficial de Galicia no que se establecen as condicións de acceso a diversos tipos de ensinanzas artísticas superiores: música, deseño, arte dramática e conservación de bens culturais.

9/5/12

SEDE DAS PROBAS DE ACCESO A CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO

Xa está publicada  na web da Consellería de Educación  a listaxe de sedes para realizar a proba libre de acceso a ciclos formativos de grao medio . O alumnado que se matriculou no IES Francisco Sánchez terá que examinarse no IES A Sangriña de A Guarda . Moita sorte a tod@s!

BUSCA DE EMPREGO POR INTERNET

Ligazón interesante con consellos para a busca de emprego por internet.
Queda esta ligazón no apartado de busca de emprego.

PARÁMETROS DE PONDERACIÓNDAS DAS MATERIAS DA PARTE ESPECÍFICA DAS P.A.U.

Hoxe 9 de maio sae publicada no DOG unha Orde que publica os parámetros de ponderación das materias da fase específica da proba de acceso á universidade. É conveniente botarlle unha ollada .

7/5/12

BLOGS QUE SEGUIMOS

Inauguramos unha nova categoría na columna da dereita na que achegamos e seguimos blogs de interese para toda a comunidade educativa. Entre outros recoméndovos Menores en red, blog dedicado  na súa totalidade á seguridade dos menores en internet.

PREVENCIÓN DO ACOSO ESCOLAR

No seguinte BLOG atopamos moitos recursos para mellorar a convivencia escolar, hoxe déixovos varias guías sobre o acoso escolar dirixidas a alumnado, profesorado, familias, sobre como previlo e abordalo. Están editadas pola Consejería de Educación de Asturias. Son breves e sinxelas, por iso poden resultar moi útiles.

4/5/12

MEDIACIÓN NOS CONFLITOS ENTRE IGUAIS EN SECUNDARIA

Achégovos un conxunto de dous  videos sobre a mediación para resolver conflitos no ensino secundario . O profesor JC Torrego desenvolveunos para a UNED. Seguro que vos resultan interesantes. Saúdos


2/5/12

CONVOCATORIA DE PRAZAS DE RESIDENCIA NA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO

Achégovos a ligazón da convocatoria de prazas en residencias universitarias na USC para o vindeiro curso .

TÉCNICAS DE ESTUDO

No apartado de técnicas de estudo da columna dereita deixamos hoxe unha ligazón ao artigo de La Voz de Galicia da compañeira Ana Torres Jack sobre as estratexias que debe adoptar o estudante  ante os diversos tipos de exame. Paga a pena consultalo!

30/4/12

CONVOCATORIA DE CAMPUS CIENTÍFICO PARA ALUMNADO DE 4º DE ESO E 1 ºDE BACHARELATO

Convócanse prazas para o Campus científico de verán  2012  dirixido a alumnado de 4º de ESO e 1º de Bacharelato .
 Temos un Campus na Universidade de Vigo denominado Campus do Mar.

PROBAS DE ACCESO A ENSINANZAS ARTÍSTICAS SUPERIORES PARA PERSOAS SEN TÍTULO DE BACHARELATO

Achego a ligazón da convocatoria de probas de acceso  para persoas que sen ter o título de Bacharelato queren aceder as Ensinanzas Artísticas superiores .

EDUCACIÓN E REDES SOCIAIS

WEB  e redes sociais é o nome desta ligazón que vos achego de interese para pais, nais e profesorado


EDUCACIÓN PARA A SAÚDE :ALIMENTACIÓN

XENTE CON VIDA é unha nova páxina web sobre alimentación saudable. Na mesma , entre outros aspectos relacionados coa alimentación e nutrición, poderedes atopar consellos sobre como elaborar unha dieta equilibrada ou  información sobre diferentes alimentos.

27/4/12

PROCEDEMENTO PARA MATRICULARSE NAS UNIVERSIDADES GALEGAS

1.- PRIMEIRA CONVOCATORIA DE MATRÍCULA
Se o solicitante aparece convocado/a para matricularse na titulación da súa primeira preferencia, deberase matricular no prazo establecido, do contrario perderá todos os seus dereitos.
Se o solicitante aparece convocado/a para matricularse nunha titulación que non sexa a de primeira preferencia, poderá esperar a matricularse nela en tanto non se peche a matrícula nas titulacións solicitadas con maior preferencia. No caso de matricularse nela ou en calquera outra titulación sen límite de prazas, decae dos seus dereitos de continuar no proceso de ingreso en titulacións con límite de prazas.
2.- SUCESIVAS CONVOCATORIAS DE MATRÍCULA
Despois da primeira convocatoria de matrícula poden quedar prazas vacantes como consecuencia de que algún dos alumnos convocados non formalice a súa matrícula. Neste caso, sobre as prazas vacantes realizarase unha reasignación automática de acordo cos mesmos criterios cos que se fixo a primeira convocatoria e convocaranse aos alumnos para formalizar a matrícula, nos sucesivos prazos sinalados no calendario de matrícula.
As sucesivas convocatorias de matrícula anunciaranse nos LERD, na CiUG e na páxina web da CiUG.
Nestas convocatorias sucesivas o alumnado pódese atopar nos seguintes supostos:
* Se o alumno/a é convocado/a para matricularse na titulación da súa primeira preferencia, deberá facer a matrícula, pois do contrario perderá todos os seus dereitos.
Nota: Enténdese por primeira preferencia aquela que o alumno/a solicitou no primeiro lugar ou en lugares sucesivos no caso de se esgotaren as prazas ("peche") das titulacións solicitadas nas primeiras preferencias.
* Se o alumno/a é convocado/a para matricularse nunha titulación de menor preferencia, poderá facer a matrícula ou non.
De facela, a matrícula considerarase firme e non terá a oportunidade de cambiarse a outra titulación.
De non facela, poderá esperar a matricularse nunha titulación de maior preferencia ata o peche da matrícula nestas, o que se anunciará coa publicación dos sucesivos listados de admitidos e de espera.
O peche de matrícula dunha determinada titulación implica a desaparición automática das listas de espera, de xeito que non se volverá a abrir de novo a matrícula desa titulación.

ESTRUTURA DA PROBA DE ACCESO Á UNIVERSIDADE

A proba de acceso ás ensinanzas universitaria oficiais de Grao (PAU) estrutúrase en dúas fases denominadas respectivamente Fase Xeral e Fase Específica.
  • A Fase Xeral da PAU ten por obxecto valorar a madurez e destrezas básicas que debe acadar o estudante ao finalizar o bacharelato para seguiren as ensinanzas universitarias oficiais de Grao, especialmente no que se refire á compresión de mensaxes, uso da linguaxe para analizar, relacionar, sintetizar e expresar ideas, a comprensión básica dunha lingua estranxeira e os coñecementos e técnicas fundamentais dunha materia de modalidade.
  • A Fase Específica da PAU, de carácter voluntario, ten por obxecto a avaliación dos coñecementos e a capacidade de razoamento nuns ámbitos disciplinares concretos relacionados cos estudos que se pretende cursar e permite mellorar a cualificación obtida na Fase Xeral.
3. Descrición da Fase Xeral
A Fase Xeral da PAU constará dos exercicios seguintes:
1º) Lingua Castelá e Literatura:
Consistirá no comentario, por escrito, dun texto non especializado e de carácter informativo ou divulgativo, relacionado coas capacidades e contidos da materia de Lingua Castelá e Literatura.
2º) Lingua Galega e Literatura:

Consistirá no comentario, por escrito, dun texto non especializado e de carácter informativo ou divulgativo, relacionado coas capacidades e contidos da materia de Lingua Galega e Literatura. Nota: o alumnado que teña exención en Lingua e Literatura Galega nalgún dos dous cursos de bacharelato non terá que facer este exercicio. Tamén terá dereito de exención de Lingua e Literatura Galega o alumnado que non cursase en Galicia algún dos dous cursos do bacharelato.
3º) Historia de España ou Historia de Filosofía:
Versará sobre as capacidades e contidos dunha das seguintes materias comúns de segundo de bacharelato: Historia de España ou Historia da Filosofía. Consistirá na resposta por escrito a unha serie de cuestións adecuadas ao tipo de coñecementos e capacidades que deban seren avaliados e o formato de resposta deberá garantir a aplicación dos criterios obxectivos de avaliación previamente aprobados.

Nota: a efectos de organización da proba, o estudante indicará na solicitude de matrícula na PAU, a materia común (Historia de España ou Historia da Filosofía) da que se examinará.
4º) Lingua Estranxeira [Alemán, Francés, Inglés, Italiano ou Portugués]:
O exercicio terá como obxectivo valorar a comprensión oral e lectora e a expresión oral e escrita da lingua estranxeira da que se trate.
Nota: a efectos de organización da proba, o estudante indicará na solicitude de matrícula na PAU, a lingua estranxeira [Alemán, Francés, Inglés, Italiano ou Portugués] da que se examinará.
5º) Materia de modalidade de segundo de bacharelato:
O quinto exercicio versará sobre os contidos de unha das materias da modalidade de 2º de bacharelato (a elixir polo alumno). Consistirá na resposta por escrito a unha serie de cuestións adecuadas ao tipo de coñecemento e capacidades que deban ser avaliados e o formato da resposta deberá garantir a aplicación dos criterios obxectivos de avaliación previamente aprobados.
Nota: a efectos de organización da proba, o estudante indicará na solicitude de matrícula na PAU a materia de modalidade da que se examinará, de entre aquelas ás que fai referencia o artigo 8 do Decreto 126/2008, do 19 de xuño, polo que se establece a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG do 23 de xuño).
Cada un dos cinco exercicios da Fase Xeral da PAU presentará dúas opcións diferentes entre as que o estudante deberá elixir unha e terá unha duración máxima de hora e media, establecéndose un intervalo mínimo de 45 minutos entre o final dun exercicio e o comezo do seguinte.
Para a realización dos exercicios, os estudantes poderán empregar, á súa elección, calquera das linguas oficiais da Comunidade Autónoma de Galicia. Non obstante, os exercicios de Lingua Castelá e Literatura, Lingua Galega e Literatura e da Lingua Estranxeira da que se trate deberán desenvolverse nas súas respectivas linguas.
4. Descrición da Fase Específica
Na Fase Específica da PAU cada estudante poderá examinarse dun máximo de catro materias de entre as de modalidade do segundo curso de bacharelato a que fai referencia o artigo 7 do Decreto 126/2008, do 19 de xuño, polo que se establece a ordenación e o currículo de bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG do 23 de xuño), e que deberán ser distintas da materia de modalidade elixida para a o 5º exercicio da Fase Xeral, sempre que o estudante se examine da Fase Xeral e da Fase Específica na mesma convocatoria.
Os exercicios de cada unha das materias elixidas polo estudante consistirán na resposta por escrito a unha serie de cuestións adecuadas ao tipo de coñecemento e capacidades que deban ser avaliadas e cun formato de resposta que garanta a aplicación dos criterios obxectivos de avaliación previamente aprobados.
Cada un dos exercicios da Fase Específica da PAU presentará dúas opcións diferentes entre as que o estudante deberá elixir unha e terá unha duración máxima de hora e media, establecéndose un intervalo mínimo de 45 minutos entre o final dun exercicio e o comezo do seguinte.
Para a realización dos exercicios Fase Específica da PAU, os estudantes poderán empregar, á súa elección, calquera das linguas oficiais da Comunidade Autónoma de Galicia.
Nota: segundo o establecido no artigo 10 da Orde do 24.03.2011 da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, a efectos de organización da proba, o estudante indicará na solicitude de matrícula na PAU a materia ou materias (máximo de catro materias) de modalidade da/s que se examinará na Fase Específica, de entre aquelas ás que fai referencia o artigo 8 do Decreto 126/2008, do 19 de xuño, polo que se establece a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG do 23 de xuño).

24/4/12

EDUCACIÓN DE ADULTOS

  Moitos dos alumnos e alumnas do IES Francisco Sánchez están matriculados no réxime especial de Educación de Adultos:  EBI ou Ensinanza Secundaria de Adultos
 Tamén moitos  teñen a intención de seguir estudando unha vez que rematen os seus estudos  e  ademais desexan poder compaxinalos coas súas obrigas laborais. É moi importante entón  que estean ben informados en canto a oferta formativa de carácter  semipresencial ou a distancia existente.
  Na columna da dereita creamos unha categoría para poder consultar estas posibilidades de formación. 
  Agardamos que sexa de interese.

LIGAZÓNS DE VIDEOS PARA AS TITORÍAS

Achegamos hoxe algúns videos cos que se propón  traballar neste curso na sesión semanal de titoría.
 O primeiro deles fai referencia ao uso das redes socias, é un video premiado que dará para falar moito sobre este tema de total actualidade.   Agora outro video sobre a información que compartimos nas redes sociais e internet ,¡ollo!, non imos por aí contando a nosa vida, tampouco é aconsellable facelo en internet.

23/4/12


PROBAS DE ACCESO A FORMACIÓN PROFESIONAL


Como en cursos anteriores convocáronse probas libres para acceder á Formación Profesional de Grao Medio. Podes consultar os exames doutras convocatorias na ligazón que atoparás na columna da dereita. Estuda moito e .... Sorte!

22/4/12

TÉCNICAS DE ESTUDO


Comezamos con temas de interese para a comunidae educativa.. Neste caso falamos das técnicas de estudo . Recomendo hoxe un blog monográfico sobre este contido que atopei grazas ao uso do marcador social Mister Wong. 
   Gustoume este blog porque no mesmo aparecen múltiples entradas dedicadas aos diferentes aspectos que configuran as denominadas técnicas de traballo intelectual ou técnicas de estudo: os hábitos de estudo e como traballar para telos, condicións que favorecen o estudo, os apuntes e como tomar apuntes correctamente, os resumes e esquemas, a concentración, a atención, os métodos, os erros que non se deben cometer ao estudar... . 
Recomendo especialmente a entrada titulada "Estudiar con entusiasmo" xa que  reflexionar arredor destes dous conceptos é novidoso en canto ao tema que estamos a tratar.
  A información que atopamos nesta bitácora é útil a estudantes de moitos niveis educativos  e tamén para os pais, nais  e o profesorado que poderan tirar destes recursos para asesorar a fillos e alumnado respectivamente.
 Ademais de consellos, trucos e técnicas concretas  aparecen  diferentes videos explicativos que axudarán a mellorar nas estratexias de estudo.
 Poderedes consultar este blog sempre que queirades xa que deixo a súa ligazón  baixo o epígrafe de técnicas de estudo .