Sirius

Sirius

30/1/13

CONTOS PARA A PAZ

 Hoxe 30 de xaneiro unha boa lectura será "La aventura Humana" Editorial Icaria . Contos populares de diversos lugares do mundo relacionados con cada un dos dereitos recollidos na Declaración Universal dos Dereitos Humanos .Ler e  contar para gozar.  Imagen de  La aventura humana Cuentos populares · Derechos Humanos

30 DE XANEIRO DÍA ESCOLAR POLA PAZ

IMAGINE

29/1/13

CONVOCATORIA DE PROBAS PARA A OBTENCIÓN DO TÍTULO DE GRADUADO NA ESO PARA MAIORES DE 18 ANOS

      No Diario Oficial de Galicia do 29 de xaneiro  publicouse a resolución de  convocatoria de probas para a obtención do título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria para maiores de 18 anos.
     Establécense dúas convocatorias: maio e setembro. Os aspirantes non poderán estar matriculadas nas ensinanzas ordinarias desta etapa educativa ou nas ensinanzas de educación secundaria de adultos entre outras incompatibilidades. Maís información na seguinte ligazón: PROBAS ESO

25/1/13

30 DE XANEIRO DÍA ESCOLAR POLA PAZ

O día 30 de Xaneiro celebramos o día Escolar pola Paz. Un bo xeito de celebralo e gozando desta curtamentraxe de animación titulada ABRAZOS  que tivo varios premios. Pequenos xestos para mellorar a convivencia!

23/1/13

PROBAS LIBRES PARA ACCESO A GRAOS DE FORMACIÓN PROFESIONAL

O Luns 21 de Xaneiro publicouse no Diario Oficial e Galicia a convocatoria para acceder a Ciclos formativos de Grao Medio e Superior.
Podes consultar a convocatoria na seguinte Ligazón CONVOCATORIA PROBA CICLOS 2013

16/1/13

ESCOLAS DE ARTES

O noso sistema educativo tamén contempla os estudos artísticos dentro da súa oferta formativa. Este tipo de estudos atópanse no que se denomina Ensinanzas especias, igual que as ensinanzas deportivas e de adultos. En Galiza temos varias escolas de artes públicas e algunhas privadas.

As públicas atópanse en Santiago, Ourense, A Coruña e Lugo e nas mesmas podes estudar ciclos formativos Medios e Superiores. Tamén podes cursar estudos superiores cunha equivalenza académica aos estudos universitarios.
Ligazón Mestre Mateo
Ligazón Antonio Faílde
 Ligazón Pablo Picasso 
Ligazón Ramón Falcón 

11/1/13

ESTUDOS NA ESCOLA POLITÉCNICA SUPERIOR DE FERROL

E Escola politécnica superior de Ferrol imparte, entre outras,  as seguintes titulacións de grao que poden ser do teu interese

- Grao en Arquitectura Naval
- Grao en Enxeñería en Propulsión e Servizos de Buque

 Podes consultar os plans de estudos se premes na  seguinte ligazón: ESCOLA FERROLcabeceira

8/1/13

ESCOLA DE RESTAURACIÓN DE BENS CULTURAIS DE GALIZA

Entre a oferta formativa á que tes acceso unha vez que rematas o Bacharelato atópase a de cursar o Grao en restauración de bens culturais. A escola atópase en Pontevedra e deixamos a súa ligazón para que poidas informarte mellor.
ESCOLA SUPERIOR DE CONSERVACIÓN E RESTAURACIÓN DE BENS CULTURAIS DE GALIZA

CONVOCATORIA DE BECAS DE "COLEXIOS DO MUNDO UNIDOS" PARA ESTUDAR BACHARELATO NO ESTRANXEIRO

A fundación Colexios do Mundo Unidos convoca becas e prazas para cursar estudos de Bacharelato no estranxeiro. Se tes interese nesta convocatoria e queres coñecer esta institución preme na seguinte ligazón: COLEXIOS DO MUNDO UNIDOS