Sirius

Sirius

23/4/13

A RELAXACIÓN

Xa estamos no terceiro trimestre, achégase a fin de curso e as veces os nervios poden con nós. Unha boa estratexia para calmarse e afrontar o quefacer cotiá con enerxía renovada pode ser aprender a relaxarse . Nesta ligazón deixámosche un exemplo dunha sesión de relaxación seguindo a técnica de Jacobson, unha das máis coñecidas. Podes tamén pasar polo departamento de orientación e levar uns días para casa un CD de audio e practicar. Unha vez que vaias dominando a técnica  atoparaste moito mellor!

19/4/13

GLOBOS DE AUGA

Achego un vídeo que invita á reflexión. Poderá traballarse na titoría dentro das actividades de orientación académica e profesional.

Que situación amosa este video? Achégase á realidade? Sería crible se os protagonistas da historia fosen homes ? Por que?  Coñeces o termo Dobre xornada? Que é conciliación laborale familiar?