Sirius

Sirius

26/9/15

BENVIDOS AO CURSO ESCOLAR 2015-2016

  De novo iniciamos o curso e desde o Dto. de Orientación querémosvos desexar unha boa andaina.
Temos moitas actividades planificadas , entre outras os talleres de Educación par a Saúde en 1º , 3º de ESO e  FP Básica. o taller de Prevención de Violencia de Xénero en 3º ESO e FP básica, , os Obradoiros de Autoestima en 4º ESO , unha actividade para mellorar a Motivación en Educación de Adultos , Cine nas Aulas en 2º ESO,  Xornadas de Orientación Profesional en Bacharelatos e  FP e algunhas máis que iremos desenvolvendo nas sesións de titoría ou como actividades complementarias.

   Agardamos que sexan de utilidades e gocedes delas.
 Contaremos coa colaboración dos técnicos dos servizos sociais do concello, enfermeiras, antropólogos,,,,, todo coa finalidade de que a calidade das mesmas sexa a que se merece o alumnado deste instituto e do ensino público galego.

  Iremos tamén pendurando neste blog todo aquilo que nos pareza intersante para alumnado, profesorado e familias.

  Un saúdo e para comezar LEMBRAMOS A IMPORTANCIA  DAS ARTES  na educación, paga a pena ver este pequeno video.

/>

BO CURSO !