Sirius

Sirius

29/11/16

CHARLA DE AMNISTÍA INTERNACIONAL SOBRE AS PERSOAS REFUXIADAS

 Hoxe no IES desenvolveuse unha Charla Informativa sobre a situación das persoas refuxidas a cargo de activistas de Amnistía Internacional de Vigo. Moitas grazas pola súa presenza!



17/11/16

UNHA CURTAMETRAXE PARA REFLEXIONAR SOBRE A VIOLENCIA ESCOLAR.


O Sandwich de Mariana é unha curtametraxre para reflexionar sobre a violencia en xeral e a violencia escolar en particular.

TALLERES DE PREVENCIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES

Xa comezaron os talleres de prevención da violencia de xénero dirixidos a 3º ESO e 1º de FPB. Desenvólvense en colaboración cos Servizos Sociais do Concello e imparte Paula Guerreiro Psicóloga deste Servizo. Entre outros, os contidos deste taller son: o concepto de maltrato, tipos, identificación, actuacións perante o mesmo, e un aspecto moi importante: como xorde o maltrato cara as mulleres na nosa sociedade ( publicidade, ideas erróneas etc) .
Ao longo da vindeira semana realizaremos tamén actividades nas sesións semanais de titoría doutros niveis da ESO, nas que reflexionaremos co noso alumnado sobre a importancia das relacións respectuosas e de igualdade entre mulleres e homes.

3/11/16

CHARLA DE AMNISTÍA INTERNACIONAL SOBRE A SITUACIÓN DAS PERSOAS REFUXIADAS.

   O vindeiro 29 de novembro celébrase no IES unha charla dirixida ao alumnado dos ciclos formativos de Comercio e Electricidade arredor da situación das persoas refuxidas.

  Dita charla será impartida por representantes de Amnistía Internacional de Vigo.

17/10/16

CINE NAS AULAS. .PELÍCULA " Die Welle". A ONDA .


La ola. Die Welle
2008. Alemaña. 108 min.
Dirección: Dennis Gansel
Guión: Dennis Gansel y Peter Thorwart; basado en el relato corto de William Ron Jones y en la obra de Johnny Dawkins y Ron Birnbach.
Producción: Christian Becker, Nina Maag y David Groenewold.
Música: Heiko Maile.
Fotografía: Torsten Breuer.
Montaje: Ueli Christen.
Interpretación: Jürgen Vogel (Rainer Wenger), Frederick Lau (Tim), Max Riemelt (Marco), Jennifer Ulrich (Karo), Christiane Paul (Anke Wenger), Elyas M'Barek (Sinan), Cristina Do Rego (Lisa), Jacob Matschenz (Dennis), Maximilian Mauff (Kevin), Ferdinand Schmidt-Modrow (Ferdi)
Sinopsis: Alemaña hoxe: cómo organizar unha férrea tiranía nunha semana. A trama xira arredor de Rainer Wenger, un carismático profesor de instituto que quería dirixir un proxecto  educativo arredor da   anarquía ; un profesor adiantóuselle , e debe conformarse con abordar na súa  clase a  autocracia. Relacionándoo co xurdimento de dictaduras, o fascismo  e o nazismo, Wenger articula unhas sesións moi  prácticas, nas que presenta os elementos que explican o seu   atractivo: espírito de grupo, ideais comúns , axuda mutua, uniformes e parafernalia exterior... 


  

11/10/16

11 DE OUTUBRO . DÍA DAS NENAS.

Hoxe a ONU conmemora o DÍA DAS NENAS . O lema deste 2016 é:IGUALDADE DAS NENAS=LOGRO DOS OBXECTIVOS DO DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE. DATOS SOBRE A SITUACIÓN MUNDIAL DAS NENAS . 

Tristemente a situación das rapazas no mundo non é similar a dos rapaces ,sofren máis discriminación e moitas delas non teñen acceso á educación ou abandonan antes o sistema educativo por mor de ideoloxías conservadoras e sexistas. 
Non esquezamos tampouco a explotación sexual de menores é a especial vulnerabilidade de moitas rapazas que se convirten en vítimas do tráfico de persoas.



No IES Indalecio cremos na educación como motor de cambio, e ese cambio que mellorará a nosa sociedade e o noso mundo só e posible coa participación de nenos e nenas, homes e mulleres. 
Que hoxe sexa un día para reflexionar e para seguir traballando por un mundo mellor.







11 DE OUTUBRO . DÍA DAS NENAS.

Hoxe a ONU conmemora o DÍA DAS NENAS . O lema deste 2016 é:IGUALDADE DAS NENAS=LOGRO DOS OBXECTIVOS DO DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE. DATOS SOBRE A SITUACIÓN MUNDIAL DAS NENAS . 

Tristemente a situación das rapazas no mundo non é similar a dos rapaces ,sofren máis discriminación e moitas delas non teñen acceso á educación ou abandonan antes o sistema educativo por mor de ideoloxías conservadoras e sexistas. 
Non esquezamos tampouco a explotación sexual de menores é a especial vulnerabilidade de moitas rapazas que se convirten en vítimas do tráfico de persoas.



No IES Indalecio cremos na educación como motor de cambio, e ese cambio que mellorará a nosa sociedade e o noso mundo só e posible coa participación de nenos e nenas, homes e mulleres. 
Que hoxe sexa un día para reflexionar e para seguir traballando por un mundo mellor.







27/9/16

HORARIO DO DTO. DE ORIENTACIÓN : ATENCIÓN A PAIS, NAIS E ALUMNADO. CURSO 2016 /2017

Durante este curso escolar, os luns e mércores no segundo recreo, o alumndo que o desexe pode achegarse polo Dto. de Orientación do IES. Fóra deste horario poderá facelo sempre e cando avise con antelación. 
Os pais e nais poderán falar coa orientadora do IES os xoves de 12.35 a 13.35. Se desexan vir a outra hora deberán avisar con antelación para asegurar que van poder ser atendidos. Moitas Grazas.

Ademais lembramos que o martes estamos no horario de Educación de Adultos.

EXPLICACIÓN DAS AVALIACIÓNS FINAIS DE ESO E BACHARELATO

13/9/16

INICIO DAS CLASES DO CURSO 2016-2017

Inicio do curso:

15 setembro:

10:00 Presentación 1º Bacharelato.
10:30 Presentación 2º Bacharelato.

---------------------------------------------------
16 setembro: ( Avisados autobuses )

10:00 Presentación 1º E.S.O.
10:30 Presentación 2º E.S.O.
11:00 Presentación 3º E.S.O.
11:30 Presentación 4º E.S.O.

---------------------------------------------------
19 setembro: ( Avisados autobuses )

10:45 Inicio das clases.

---------------------------------------------------

Ciclos / FPBásica.- Despois do 19 setembro. 
( Avisarase ) 








20/5/16

PRAZAS EN RESIDENCIAS UNIVERSITARIAS USC

Convocadas as prazas nas residencias  da Universidade de Santiago de Compostela

Aquí tes a ligazón:

http://orientagalicia.blogspot.com.es/2016/05/convocatoria-plazas-en-residencias.html


http://www.usc.es/export/sites/default/gl/servizos/sur/descargas/2016_2017_CONVOCATORIA_XERAL/Convocatoria_Xeral_2016-2017.pdf

18/2/16

VISITA A EDUGAL EN PONTEVEDRA

o 17 DE FEBREIRO  o alumnado de 1º de Bacharelato visitou EDUGAL en Pontevedra. Visitaron tamén o Museo de Pontevdra e percorreron algunhas rúas da cidade.


12/2/16

CONVOCADAS PROBAS DE ACCESO A CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO E GRAO SUPERIOR

http://www.edu.xunta.es/portal/sites/web/files/20160211_probas_acceso_ciclos.pdf


Na anterior ligazón tes o texto da convocatoria das probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e superior na Comunidade  Autónoma de Galicia.


Os prazos para  a inscrición son:

CICLOS DE GRAO SUPERIOR: 15 A 26 DE FEBREIRO DE  2016 
CICLOS DE GRAO MEDIO: 4 A 15 DE ABRIL DE 2016

2/2/16

THE PRESENT ( O AGASALLO)



Unha curtametraxe con moitos premios e que desde que está na  rede foi vista por multitude de persoas. Emocionante e con sorpresa final.  "O Agasallo"  amosa a importancia da actitude fronte as dificultades da vida.

26/1/16

OBRADOIRO DE AUTOESTIMA e TALLER DE PREVENCIÓN DE CONDUTAS INFRACTORAS.

O alumnado de 2º de FP Básica ven de desenvolver un Obradoiro de autoestima que impartiu Paula Guerreiro Psicóloga dos Servizos Socias  do Concello de Tui  . Á volta do Entroido este mesmo obradoiro desenvolverase para o alumnado de 4º ESO.
O alumnado de 3º ESO e 1º de FP Básica participará tamén nun taller sobre prevención de condutas infractoras que impartirán educadoras da asociación ARELA .  Este taller está  subvencionados pola Fundación Barrié. Será o vindeiro 12 de febreiro. 


MÚSICA PARA O 30 DE XANEIRO. DÍA ESCOLAR POLA PAZ E A NON VIOLENCIA













MÚSICA PARA O 30 DE XANEIRO. DÍA DA NON VIOLENCIA E A PAZ