19/3/15

BECAS DE INMERSIÓN LINGÜÍSTICA

O Ministerio de Educación  ven de convocar becas de inmersión lingüística en España do idioma inglés. A beca cobre gastos de alonxamento e manutención durante unha semana nunha residencia de estudos con profesorado nativo .
Taxas: 100 Euros.
Data de finalización de solicitude: 09 de abril de 2015
Estudantado de Bacharelato , ciclos medios de FP, ensinanzas artisticas beneficiarios de becas do Ministerio.
BOE DO 17 DE MARZO DE 2015.

AS NENAS PODEN

Recentemente en Chile levouse adiante unha campaña para reflexionar sobre  os  estereotipos con respecto a educación de nenos e nenas. Déixovos o video da mesma que é moi breve e directo.


16/3/15

NOVO BLOG : XUSTIFICA A TÚA RESPOSTA

Hoxe engadimos un novo blog a nosa listaxe. O seu nome: "Justifica tu respuesta". No mesmo atoparemos múltiples entradas interesantes relacionadas coas técnicas de estudo, a toma de decisións o autocoñecemento, a atención á diversidade,... . O seu autor é Santiago Moll un orientador de Mallorca comprometido co uso das novas tecnoloxías. Agardo sexa do voso interese.  

10/3/15

TALLERES DE EDUCACIÓN PARA A SAÚDE: PREVENCIÓN DE E.T.S. E SIDA



   Na semana do 9 ao 13 de marzo desenvólvese no IES un taller dirixido ao alumnado de 3º ESO e 1º de FP Básica . O Obxectivo do mesmo e previr a transmisión  da SIDA e outars enfermidades de transmisión sexual.
 Contamos coa colaboración de Paula Guerreiro, psicóloga dos Servizos Sociais do Concello de Tui.