OBRADOIRO DE ORIENTACIÓN PROFESIONAL NON SEXISTA

Nas sesións de titorá de 1º ESO desenvolverase ao longo desta semana un obradoiro de orientación académica e profesional que tenta facer reflexionar ao alumnado sobre os prexuizos e estereotipos sexistas á hora de eleixir profesión. O seu Título: " Nin bombeiros, nin enfermeiras".
Este tallaer realízase  en colaboración cos Servizos Sociais do Concello de Tui.

5/11/15

ACTIVIDADES DE TITORÍAS NO MES DE NOVEMBRO . CONVIVENCIA E IGUALDADE

OBRADOIRO SOBRE DIVERSIDADE, XÉNERO   E IGUALDADE 

Dirixido ao alumnado de 4º ESO. Desenvolverase ao longo de tres sesións semanais de titoría .
Contidos: Diversidade étnica e fluxos migratorios, discriminación da muller, violencia sexista, diferentes  pero  iguais, dereitos humanos, liberdade, respecto e cooperación. 

Imparte: Alberto Vilaboa Pérez. . Licenciado en Antropoloxía Social e Cultural. 




OBRADOIRO DE PREVENCIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO . VIVINDO EN TOLERANCIA

Dirixido ao alumnado de 3º ESO   Desenvolverase ao longo de dúas sesións de titoría .
Favorecer o desenvolvemento de actitudes e comportamentos non sexistas, potenciar o espíritu crítico fronte os roles convencionais da muller e o varón na sociadade.
Axudar a preparar proxectos vitais  non mutilados polos prexuizos e estereotipos sexistas e de xénero.


Imparte: Paula Guerrreiro. Psicóloga dos Servizos Sociais do Concello de Tui.