26/1/16

OBRADOIRO DE AUTOESTIMA e TALLER DE PREVENCIÓN DE CONDUTAS INFRACTORAS.

O alumnado de 2º de FP Básica ven de desenvolver un Obradoiro de autoestima que impartiu Paula Guerreiro Psicóloga dos Servizos Socias  do Concello de Tui  . Á volta do Entroido este mesmo obradoiro desenvolverase para o alumnado de 4º ESO.
O alumnado de 3º ESO e 1º de FP Básica participará tamén nun taller sobre prevención de condutas infractoras que impartirán educadoras da asociación ARELA .  Este taller está  subvencionados pola Fundación Barrié. Será o vindeiro 12 de febreiro. 


24/1/16

30 DE XANEIRO. DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ

Na seguinte ligazón atoparás información sobre a orixe da celebración deste día.                             DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ






30 de xaneiro . Preme nesta ligazón  e terás máis información.







CONVOCATORIA DE ACREDITACIÓN DE COMPETENCIAS POR EXPERIENCIA PROFESIONAL

http://www.edu.xunta.es/portal/node/17914


Premendo na ligazón poderás entrar nas bases da convocatoria da acreditación de competencias por experiencia profesional. O prazo remata o 5 de febreiro .


Tamén podes acceder, premendo no seguinte enlace, á información das    unidades de competencia e a que familia profesional  pertencen:

http://www.edu.xunta.es/fp/sites/fp/files/fp/Acreditaci%C3%B3n/2016/unidades_competencia_2016.pdf