Sirius

Sirius

16/3/20

TRABALLEMOS A IGUALDADE CON HUMOR

RECOMENDACIÓNS PARA PASAR UNHA BOA ESTADÍA NA CASA POR MOR do COVID 19

Saúdos a todos e todas
Xa comenzamos os días sen clase e sen saír da casa. Agardo que esteades ben.
Compre ter en conta que nestes días ademais de seguir todas as normas de hixiene individual e social , debemos coidar tamén a nosa saúde mental.
Xa que imos estar moitos días na casa é importante que establezamos unhas rutinas e hábitos diarios de traballo, ocio e descanso.
É bo que dediquemos unhas horas a facer tarefas escolares, ben
de repaso, ben avanzando nos contidos que o profesorado nos
irá facendo chegar a través dos medios dispoñibles.
Dedica tamén parte do teu tempo a xogar, ler, ordenar mellor o teu cuarto, debuxar...
Seguir mantendo o contacto social a través das redes é tamén recomendable, pero lembra, fai un bo uso das mesmas e aproveita para compartir cousas positivas coas túas amizades, podes intercambiar lembranzas divertidas, chistes, recomendacións
de lecturas, etc.
Lembra, facer unha boa xestión do tempo e colaborar, mediante unha conduta asertiva e responsable coa convivencia familiar , axudarate a pasar unha mellor corentena.
Ánimo a todos e todas, seguirei publicando recursos, videos, etc para vós.
Ata pronto.

11/3/20

BUSCO A MIÑA PROFESIÓN

BUSCO A MIÑA PROFESIÓN


Aplicación web para coñecer as profesion e  a súa  relación comundo laboral e  formativo. Elaborada:l Instituto Galego das Cualificacións (Xunta de Galicia).