Sirius
19/12/15
BOAS VACACIÓNS E FELIZ 2016. PREMIOS E FOTOS DE SABORES DO MUNDO
Chegamos ao final de trimestre e do ano.
Celebramos que somos unha comunidae educativa diversa, feito que nos enriquece e todos.
Sabores do Mundo na súa cuarta edición estivo cheo de matices, de cores e de música.
A creatividade, implicación e traballo en equipo por parte de alumnado e profesorado fixeron difícil a elección dos premios de grupo.
A decisión final foi esta:
3º ESO B: premio na categoría de 1º Ciclo de ESO.
1º Bacharelato de Ciencias e Tcnx.: premio na categoría de 4º ESO, Bacharelato e Ciclos.
1º Bacharelato de Humanidades e CCSS: Mención Especial do xurado.
Unha vez máis o alumnado amosounos que todo esforzo paga a pena.
Boas festas e feliz 2016!!!!
Algunhas fotos das moitas feitas durante o certame.
Etiquetas:
atención á diversidade,
convivencia_escolar,
escola inclusiva,
escola_PAZ,
Orientación educativa,
pais e nais,
profesorado,
titorías
Ubicación:
Tui,
16/12/15
VISITA A UNITOUR. FEIRA DE UNIVERSIDADES
Un curso máis o alumnado de 2º de Bacharelato do IES Indalecio Pérez Tizón visitou a Feira de Universidades UNITOUR . Aquí deixámosvos unha foto de parte do grupo na entrada ao Auditorio do Mar en Vigo.
13/12/15
NOVA EDICIÓN DE SABORES DO MUNDO POLA CONVIVENCIA ESCOLAR
O Departamento de Orientación do IES Indalecio Pérez Tizón en colaboración con todo o profesorado quere celebrar o fin do trimestre cunha actividade que una a toda a Comunidade Educativa.
Que temos en comun? Arredor de que actividade ou actividades nos reunimos e comunicamos cos nosos seres queridos e de xeito similar en todas as culturas? Que aspectos da propia identidade cultural podemos compartir dun xeito facilmente comprensible para todos e todas?
Normalmente en todos os lugares do mundo os seres humanos desenvolvemos reunións e celebracións onde a comida e a elaboración de receitas propias teñen un papel protagonista. Entón, por que non celebrar unha festa gastronómica co noso alumnado e os nosos
compañeiros ?
Proponse a elaboración de receitas típicas dalgunha festa do ano, no noso país ou noutro, e acompañalas dunha presentación escrita sobre a súa historia, os ingredientes, época do seu consumo....., e logo .....Por suposto comer todos xuntos e disfrutar do día!.
Animádevos a participar ! O alumnado e profesorado voluntario traerá os pratos elaborados da casa e tentaremos facer unha exposición conxunta ou por titorías. IMPORTANTE! Non esquecer a explicación sobre os ingredientes, época do ano de consumo tradicional, etc
O último día lectivo do trimestre é o DÍA !

HABILIDADES SOCIAIS BÁSICAS
Para mellorar a convivencia en todos os ámbitos, entre eles o escolar, compre coñecer e por en práctica habilidades sociais. Aquí deixamos unha infografía onde veñen recollidas e explicadas.
Etiquetas:
convivencia_escolar,
escola_PAZ,
habilidades_ sociais,
Orientación educativa,
pais e nais,
profesorado,
titorías
Ubicación:
Tui
1/12/15
1 DE DECEMBRO. DÍA MUNDIAL DE LOITA CONTRA A SIDA .
O 1 de decembro celébrase o día mundial de loita contra a SIDA. No Facebook tes o perfil SEX INVADERS onde atoparás información e consellos para previr as enfermidades de transmisión sexual.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)