Que temos en comun? Arredor de que actividade ou actividades nos reunimos e comunicamos cos nosos seres queridos e de xeito similar en todas as culturas? Que aspectos da propia identidade cultural podemos compartir dun xeito facilmente comprensible para todos e todas?
Normalmente en todos os lugares do mundo os seres humanos desenvolvemos reunións e celebracións onde a comida e a elaboración de receitas propias teñen un papel protagonista. Entón, por que non celebrar unha festa gastronómica co noso alumnado e os nosos
compañeiros ?
Proponse a elaboración de receitas típicas dalgunha festa do ano, no noso país ou noutro, e acompañalas dunha presentación escrita sobre a súa historia, os ingredientes, época do seu consumo....., e logo .....Por suposto comer todos xuntos e disfrutar do día!.
Animádevos a participar ! O alumnado e profesorado voluntario traerá os pratos elaborados da casa e tentaremos facer unha exposición conxunta ou por titorías. IMPORTANTE! Non esquecer a explicación sobre os ingredientes, época do ano de consumo tradicional, etc
O último día lectivo do trimestre é o DÍA !
No hay comentarios:
Publicar un comentario