Sirius

Sirius

30/10/14

NOVEMBRO: UN MES PARA TRABALLAR NA PREVENCIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO



Durante o mes de novembro desenvolveranse no IES diversas actividades encamiñadas a favorecer no alumnado a adquisición de condutas de respecto cara ós demais . Tentamos promover unha reflexión sobre os comportamentos individuais e socias que posibilitan a existencia da violencia  sobre as mulleres así como previr a súa aparición no noso alumnado. 

  Neste cometido contamos coa colaboración da Psicóloga dos  Servizos Socias do Concello de Tui  que desenvolverá un obradoiro dirixido ao alumnado de 3º ESO  nas sesións dedicadas a actividades de titoría.
  Igualmente no Dto de Educación Plástica están a elaborar un traballo co alumnado que nos axudará a tomar conciencia desta problématica para previla. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario