Sirius

Sirius

5/11/15

ACTIVIDADES DE TITORÍAS NO MES DE NOVEMBRO . CONVIVENCIA E IGUALDADE

OBRADOIRO SOBRE DIVERSIDADE, XÉNERO   E IGUALDADE 

Dirixido ao alumnado de 4º ESO. Desenvolverase ao longo de tres sesións semanais de titoría .
Contidos: Diversidade étnica e fluxos migratorios, discriminación da muller, violencia sexista, diferentes  pero  iguais, dereitos humanos, liberdade, respecto e cooperación. 

Imparte: Alberto Vilaboa Pérez. . Licenciado en Antropoloxía Social e Cultural. 




OBRADOIRO DE PREVENCIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO . VIVINDO EN TOLERANCIA

Dirixido ao alumnado de 3º ESO   Desenvolverase ao longo de dúas sesións de titoría .
Favorecer o desenvolvemento de actitudes e comportamentos non sexistas, potenciar o espíritu crítico fronte os roles convencionais da muller e o varón na sociadade.
Axudar a preparar proxectos vitais  non mutilados polos prexuizos e estereotipos sexistas e de xénero.


Imparte: Paula Guerrreiro. Psicóloga dos Servizos Sociais do Concello de Tui.

 
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario