O alumnado de 2º de FP Básica ven de desenvolver un Obradoiro de autoestima que impartiu Paula Guerreiro Psicóloga dos Servizos Socias do Concello de Tui . Á volta do Entroido este mesmo obradoiro desenvolverase para o alumnado de 4º ESO.
O alumnado de 3º ESO e 1º de FP Básica participará tamén nun taller sobre prevención de condutas infractoras que impartirán educadoras da asociación ARELA . Este taller está subvencionados pola Fundación Barrié. Será o vindeiro 12 de febreiro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario