Sirius

Sirius

13/12/13

SEX INVADERS Páxina no FACE BOOK dedicada á PREVENCIÓN DE INFECCIÓNS DE TRANSMISIÓN SEXUAL

A Consellería de Sanidade  ven de inaugurar esta páxina no FaceBook dedicada a informar sobre as infeccións de transmisión sexual e a previr dita transmisión. Ademais desta información hai unha aplicación para Xogar a "SEX INVADERS E OS PRESERVATIVOS DEFENSIVOS" . Participando nesta páxina poderás gañar  un IPad.



https://sex-invaders.com/

27/10/13

VIDEO SOBRE SEGURIDADE NA INTERNET E NO CHAT

TALLERES SAUDABLES NO MES DE NOVEMBRO

Durante o vindeiro mes de novembro desenvolveranse no IES varios Talleres de Educación para a Saúde dirixidos ao alumnado de ESO. Estes talleres desenvolveranse en colaboración cos Servizos Sociais do Concello de Tui.  O seu obxectivo e fomentar hábitos de vida saudable e previr  as drogodependencias . Desenvolveranse na sesión semanal dedicada a titoría.


8/10/13

CINEMA NAS AULAS :" HOOSIERS: MÁS QUE ÍDOLOS "

     O vindeiro día 29 de outubro comeza de novo o programa Cinema nas Aulas organizado polo Servizo de Prevención de drogodependencias do Concello de Tui. No mesmo participan os alumnos e alumnas de 2º ESO do noso IES. A película que se vai proxectar é "Hoosiers: más que ídolos".
O director detste filme é David Anspaugh  e o intérprete protagonista Gene Hackman.
A historia que se narra está baseada no acontecido no Instituto  Milan de Indiana no ano 1954  que pertencendo a unha vila pequena e rural gañou co seu equipo de baloncesto o campionato estatal dese ano. Deixo esta ligazón por se queredes consultar   máis información sobre a película. http://es.wikipedia.org/wiki/Hoosiers

25/9/13

MÚSICA PARA ACOMPAÑAR O NOSO QUEFACER COTIÁ

">A música é unha boa compañeira para relaxarnos e  desenvolver actividades que non requiran un alto nivel de concentración. Aquí deixámosvos unha proposta para que vos acompañe no voso quefacer cotiá.
 Non esquezades que para un estudo e memorización eficaz,o silenzo é o mellor aliado.