Sirius

Sirius

29/11/16

CHARLA DE AMNISTÍA INTERNACIONAL SOBRE AS PERSOAS REFUXIADAS

 Hoxe no IES desenvolveuse unha Charla Informativa sobre a situación das persoas refuxidas a cargo de activistas de Amnistía Internacional de Vigo. Moitas grazas pola súa presenza!



17/11/16

UNHA CURTAMETRAXE PARA REFLEXIONAR SOBRE A VIOLENCIA ESCOLAR.


O Sandwich de Mariana é unha curtametraxre para reflexionar sobre a violencia en xeral e a violencia escolar en particular.

TALLERES DE PREVENCIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES

Xa comezaron os talleres de prevención da violencia de xénero dirixidos a 3º ESO e 1º de FPB. Desenvólvense en colaboración cos Servizos Sociais do Concello e imparte Paula Guerreiro Psicóloga deste Servizo. Entre outros, os contidos deste taller son: o concepto de maltrato, tipos, identificación, actuacións perante o mesmo, e un aspecto moi importante: como xorde o maltrato cara as mulleres na nosa sociedade ( publicidade, ideas erróneas etc) .
Ao longo da vindeira semana realizaremos tamén actividades nas sesións semanais de titoría doutros niveis da ESO, nas que reflexionaremos co noso alumnado sobre a importancia das relacións respectuosas e de igualdade entre mulleres e homes.

3/11/16

CHARLA DE AMNISTÍA INTERNACIONAL SOBRE A SITUACIÓN DAS PERSOAS REFUXIADAS.

   O vindeiro 29 de novembro celébrase no IES unha charla dirixida ao alumnado dos ciclos formativos de Comercio e Electricidade arredor da situación das persoas refuxidas.

  Dita charla será impartida por representantes de Amnistía Internacional de Vigo.