Sirius

Sirius

19/12/15

BOAS VACACIÓNS E FELIZ 2016. PREMIOS E FOTOS DE SABORES DO MUNDO


Chegamos ao final de trimestre e do ano.

Celebramos que somos unha comunidae educativa diversa, feito que nos enriquece e todos.

Sabores do Mundo na súa cuarta edición estivo cheo de matices, de cores e de música.
A creatividade, implicación e traballo en equipo por parte de alumnado e profesorado fixeron difícil a elección   dos premios de grupo.

A decisión final foi esta:

 3º ESO B: premio na categoría de 1º Ciclo de ESO.

1º Bacharelato de Ciencias e Tcnx.: premio na  categoría de 4º ESO, Bacharelato e Ciclos.

1º Bacharelato de Humanidades e CCSS: Mención Especial do xurado.



Unha vez máis o alumnado amosounos que todo esforzo paga a pena.

Boas festas e feliz 2016!!!!

Algunhas fotos das moitas feitas durante o certame.

























16/12/15

VISITA A UNITOUR. FEIRA DE UNIVERSIDADES

Un curso máis o alumnado de 2º de Bacharelato do IES Indalecio Pérez Tizón visitou a Feira de Universidades UNITOUR . Aquí deixámosvos unha foto de parte do grupo na entrada ao Auditorio do Mar en Vigo.








13/12/15

NOVA EDICIÓN DE SABORES DO MUNDO POLA CONVIVENCIA ESCOLAR

 O Departamento de Orientación do IES Indalecio Pérez Tizón en colaboración con todo o profesorado  quere celebrar o fin do trimestre cunha actividade que una a toda a Comunidade Educativa.

Que temos en comun? Arredor de que actividade ou actividades nos reunimos e comunicamos cos nosos seres queridos e de xeito similar en todas as culturas? Que aspectos da  propia   identidade  cultural podemos compartir dun xeito facilmente comprensible para todos e todas?

Normalmente en todos os lugares do mundo os seres humanos desenvolvemos reunións e celebracións  onde  a comida e a elaboración de receitas propias teñen un papel protagonista. Entón,  por que non celebrar unha festa gastronómica co noso alumnado e os nosos
compañeiros ?

 Proponse a elaboración de receitas típicas dalgunha    festa do ano, no noso país ou noutro, e acompañalas dunha presentación escrita sobre a súa historia, os ingredientes, época do seu consumo....., e logo .....Por suposto comer todos xuntos e disfrutar do día!.

 Animádevos a participar ! O alumnado e profesorado voluntario  traerá os pratos elaborados da casa e tentaremos facer unha exposición conxunta ou por titorías. IMPORTANTE! Non  esquecer a explicación sobre os ingredientes, época do ano de consumo tradicional, etc


O último día lectivo do trimestre é o DÍA !

HABILIDADES SOCIAIS BÁSICAS


Para mellorar a convivencia en todos os ámbitos, entre eles o escolar, compre coñecer e por en práctica habilidades sociais. Aquí deixamos unha infografía onde veñen recollidas e explicadas.

1/12/15

1 DE DECEMBRO. DÍA MUNDIAL DE LOITA CONTRA A SIDA .

O 1 de decembro celébrase o día mundial de loita contra a SIDA. No Facebook tes o perfil SEX INVADERS onde atoparás información e consellos para previr as enfermidades de transmisión sexual.