Sirius

Sirius

19/3/15

BECAS DE INMERSIÓN LINGÜÍSTICA

O Ministerio de Educación  ven de convocar becas de inmersión lingüística en España do idioma inglés. A beca cobre gastos de alonxamento e manutención durante unha semana nunha residencia de estudos con profesorado nativo .
Taxas: 100 Euros.
Data de finalización de solicitude: 09 de abril de 2015
Estudantado de Bacharelato , ciclos medios de FP, ensinanzas artisticas beneficiarios de becas do Ministerio.
BOE DO 17 DE MARZO DE 2015.

16/3/15

NOVO BLOG : XUSTIFICA A TÚA RESPOSTA

Hoxe engadimos un novo blog a nosa listaxe. O seu nome: "Justifica tu respuesta". No mesmo atoparemos múltiples entradas interesantes relacionadas coas técnicas de estudo, a toma de decisións o autocoñecemento, a atención á diversidade,... . O seu autor é Santiago Moll un orientador de Mallorca comprometido co uso das novas tecnoloxías. Agardo sexa do voso interese.  

10/3/15

TALLERES DE EDUCACIÓN PARA A SAÚDE: PREVENCIÓN DE E.T.S. E SIDA



   Na semana do 9 ao 13 de marzo desenvólvese no IES un taller dirixido ao alumnado de 3º ESO e 1º de FP Básica . O Obxectivo do mesmo e previr a transmisión  da SIDA e outars enfermidades de transmisión sexual.
 Contamos coa colaboración de Paula Guerreiro, psicóloga dos Servizos Sociais do Concello de Tui.