Sirius

Sirius

22/11/18

RESILIENCIA

CONCEPTO DE RESILIENCIA: Capacidade de superar acontecementos traumáticos e integrar as experiencias para poder vivir satisfactoriamente.



PASOS PARA SER UNHA PERSOA RESILIENTE:

  • AUTOCOÑECEMENTO
  • PERCEPCIÓN
  • ACEPTACIÓN
  • MOTIVACIÓN
  • VONTADE
  • CRECEMETO

Todos podemos practicar a resiliencia, necesitamos aceptar as situacións e usar a intelixencia práctica adaptándonos . Debemos evitar os pensamentos negativos recurrentes e fixarnos metas e obxectivos de futuro razoables. Practicar a resiliencia implica coñecer as nosas cualidades e fortalezas, ter autoconfianza e relacionarnos cos demais , especialmente coas persoas que nos aprecian. 
 Debemos igualmente saber que os feitos traumáticos precisan dun tempo para poder ser superados, polo que non debemos perder a paciencia.





25 N DÍA DA NON VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES .









24/9/18

BENVIDOS AO NOVO CURSO

Recuperamos esta xa coñecida curtametraxe  que nos axuda a  reflexionar sobre o uso das redes sociais,  para desexarvos un moi bo curso 2018_2019.

19/6/18

CONVOCATORIA DE PRAZAS NOS CENTROS RESIDENCIAS DOCENTES DE VIGO, OURENSE E A CORUÑA


CENTROS RESIDENCIAIS DOCENTES

PROBAS DE ACCESO A ENSINANZAS DEPORTIVAS . CURSO 2018_2019

CONVOCATORIA DE PROBAS DE ACCESO



Convocatoria das probas de acceso a ensinanzas deportivas. Diario Oficial de Galicia.
Estas ensinanzas son de carácter específico para un deporte determinado .Ademais na oferta de Ciclos formativos de Formación Profesional tamén contas cun Ciclo de Grao Medio e outro de Grao superior..: Actividades deportivas no Medio Natural e Actividades físicas e deportivas.
Prazo de inscrición: 19 de xuño ao 10 de xullo de 2018

26/4/18

HABILIDADES SOCIAIS

😑😒😔😏😐😁TIPOS DE HABILIDADES SOCIAIS

DEFINICIÓN  
“Serían as habilidades para relacionarse de forma AXEITADA cos demais para establecer relacións sociais positivas, para seren capaces de expresar as nosas opinións e  sentimientos (respectando sempre aos demais), e escoitar e comprender o punto de vista dos demais. "

Básicas
  • ESCOITAR
  • INICIAR UNHA CONVERSACIÓN 
  • FORMULAR UNHA PREGUNTA 
  • DAR AS GRAZAS 
  • PRESENTAR A OUTRAS PERSOAS
  • REALIZAR UN CUMPRIDO
Complexas 
  • Empatía.
  • Intelixencia emocional.
  • Capacidade de comunicar sentimientos e emocións
  • Capacidade de definir un problema 
  • Negociación.
  • Modulación da expresión emocional.
  • Capacidade de pedir disculpas 
  • Asertividade

UNIVERSIDADE COMPLUTENSE DE MADRID

Preme aquí para obter información

OFERTA DE ESTUDOS NA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

PREME AQUÍ PARA ACCEDER

ESTUDOS QUE PODES CURSAR NA UNIVERSIDADE DA CORUÑA

PREME AQUÍ

OFERTAS ESTUDO NA UNIVERSIDADE DE VIGO

PREME AQUÍ PARA ACCEDER

OFERTAS DE ESTUDOS NA UNED




Preme aquí para acceder

17/4/18

PROBAS DE ACCESO Á UNIVERSIDADE

http://ciug.gal/PDF/ordeabau2018.pdf



RESOLUCIÓN do 27 de marzo de 2018, conxunta da Secretaría Xeral de Universidades e da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para a realización, dentro do curso 2017/18, da avaliación de bacharelato para o acceso á Universidade (ABAU) para o curso 2018/19.

DOG do 16 de abril

TALLERES SOBRE CONCIENCIACIÓN DO AUTISMO

Neste curso escolar no IES estamos a desenvolver un taller de coñecemento e concienciación sobre o AUTISMO dirixido a alumnado de 2º ESO. Este taller desenvólvese cunha periodicidade mensual e maña, día 18,  teremos o correpondente ao mes de abril.