Sirius

Sirius

30/10/14

NOVEMBRO: UN MES PARA TRABALLAR NA PREVENCIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO



Durante o mes de novembro desenvolveranse no IES diversas actividades encamiñadas a favorecer no alumnado a adquisición de condutas de respecto cara ós demais . Tentamos promover unha reflexión sobre os comportamentos individuais e socias que posibilitan a existencia da violencia  sobre as mulleres así como previr a súa aparición no noso alumnado. 

  Neste cometido contamos coa colaboración da Psicóloga dos  Servizos Socias do Concello de Tui  que desenvolverá un obradoiro dirixido ao alumnado de 3º ESO  nas sesións dedicadas a actividades de titoría.
  Igualmente no Dto de Educación Plástica están a elaborar un traballo co alumnado que nos axudará a tomar conciencia desta problématica para previla. 

ESCOLA DE NAIS E PAIS. A IMPORTANCIA DA LECTURA COMPARTIDA

A IMPORTANCIA DA LECTURA COS MÁIS PEQUENOS

20/10/14

CINEMA NAS AULAS O 22 DE OUTUBRO

O Mércores 22 de outubro comeza unha nova edición de Cinema nas aulas. Este programa desenvólvese desde o Concello de Tui  e está dirixido aos escolares de 2º ESO .
  A película que imos ver é "EL Club de los poetas muertos "
Aquí deixo un breve comenatrio sobre este emocionante filme.

 Sinopse
Nunha rigorosa escola particular elitista de Nova Inglaterra, un grupo de estudantes vai descubrir a poesía, o significado de "Carpe Diem" de entender o momento ea importancia vital de esforzarse para acadar os soños, grazas a un profesor excéntrico, que esperta o seu mente a través de métodos non convencionais. (PRO)

Premios
1990: César: Mellor Filme Estranxeiro.
1989: Oscar: Guión Orixinal. Nomeado Película, Director e Actor (Williams).
1989: 4 indicacións ao Globo de Ouro: drama, director, actor, guión.
1989: BAFTA: Soundtrack Filme. Director nomeado, Actor, Guión, Edición.
1989: David di Donatello: Filme Estranxeiro. Nomeado Actor Director e estranxeiros.


.

CREATIVIDADE E INNOVACIÓN


UN  NOVO VIDEO  QUE PODEMOS VER NAS TITORÍAS