O pasado mércores 3 de abril desenvolveuse no IES unha charla dirixida ao alumnado de 2º ESO:" Medrando en Igualdade".
A charla foi impartida por Nuria Costas representado á Fundación Amigos de Galicia que é o organismo promotor da mesma. O noso alumnado participou activamente intervindo e facendo comentarios sobre os distintos puntos tratados en dita actividade. Os estereotípos de xénro, os habitos e actitudes machistas, a violencia de xénero, e a fenda salarial foron algúns dos puntos que se abordaron nesta xornada.