Sirius

Sirius

13/9/20

CURSO 2020 2021

 Comeza un novo curso con incertezas. 


Quero desde aquí desexarvos a todos e todas unha boa andaina .

O Dto. de Orientación  ten novidades este ano e por un tempo  haberá un cambio na súa coordinación , a min só me resta despedirme ata o meu regreso.

 Agárdame unha nova aventura porque  a vida é iso , aventurarse.


Unha aperta enorme para todos e todas.

12/6/20

TÉCNICAS DE ESTUDO E RELAXACIÓN. CONTROL DA ANSIEDADE


TÉCNICAS DE ESTUDO, PREME NESTA LIGAZÓN


A universidade Miguel Hernández ten publicada esta mágnífica presentación interactiva sobre técnicas e hábitos de estudo. Especialmente recomendable os apartados de control da ansiedade e relaxación.

Nestes día que moito do noso alumnado está preparando as ABAU paréceme importante botarlles unha ollada.

APERTAS !

12/5/20

XORNADAS DE ORIENTACIÓN UNIVERSITARIA E DE PORTAS ABERTAS NA UVIGO

A universidae e Vigo celebra unhas XORNADAS DE ORIENTACIÓN UNIVERSITARIA O 13 DE MAIO, O 14 DE MAIO serán unhas XORNADAS VIRTUIAS DE PORTAS ABERTAS

Aquí tes toda a Información



Revista ENTRE ESTUDIANTES

NO MES DE MAIO A REVISTA ENTRE ESTUDIANTES PUBLICA EN ABERTO  O SEU NÚMERO DO MES.

Deixámoste a ligazón ao mesmo.

PREME AQUÍ:  REVISTA ENTRE ESTUDANTES


6/5/20

HABILIDADES DE COMUNICACIÓN e ASERTIVIDADE




As habilidades de comunicación son esencias sempre, pero nestes días de confinamento no que temos que convivir de xeito continuado e estreito coas mesmas persoas e en moitas ocasións en espazos reducidos, son fundamentais.
Saúdos a todos e todas e moito ánimo! Xa vai quedando menos.
COIDÁDEVOS

2/5/20

SAÚDOS DE ORIENTACIÓN NOS DÍAS DE CONFINAMENTO

Este video compartiuse nas redes sociais de orientación e pensamos que aínda hoxe pode ser de utilidae. Apertas a toda a comunidae educativa.

2/4/20

DÍA MUNDIAL DE CONCIENCIACIÓN DO AUTISMO


O DÍA 2 DE ABRIL CONMEMÓRASE O DÍA MUNDIAL DE CONCIENCIACIÓN DO AUTISMO . ESTE ANO É BAIXO O LEMA #Podo aprender #Podo traballar .

Dito lema reivindica a inclusión social das persoas con TEA o coñecemento desta condición para entender e potenciar as súas capacidades.

16/3/20

TRABALLEMOS A IGUALDADE CON HUMOR

RECOMENDACIÓNS PARA PASAR UNHA BOA ESTADÍA NA CASA POR MOR do COVID 19

Saúdos a todos e todas
Xa comenzamos os días sen clase e sen saír da casa. Agardo que esteades ben.
Compre ter en conta que nestes días ademais de seguir todas as normas de hixiene individual e social , debemos coidar tamén a nosa saúde mental.
Xa que imos estar moitos días na casa é importante que establezamos unhas rutinas e hábitos diarios de traballo, ocio e descanso.
É bo que dediquemos unhas horas a facer tarefas escolares, ben
de repaso, ben avanzando nos contidos que o profesorado nos
irá facendo chegar a través dos medios dispoñibles.
Dedica tamén parte do teu tempo a xogar, ler, ordenar mellor o teu cuarto, debuxar...
Seguir mantendo o contacto social a través das redes é tamén recomendable, pero lembra, fai un bo uso das mesmas e aproveita para compartir cousas positivas coas túas amizades, podes intercambiar lembranzas divertidas, chistes, recomendacións
de lecturas, etc.
Lembra, facer unha boa xestión do tempo e colaborar, mediante unha conduta asertiva e responsable coa convivencia familiar , axudarate a pasar unha mellor corentena.
Ánimo a todos e todas, seguirei publicando recursos, videos, etc para vós.
Ata pronto.

11/3/20

BUSCO A MIÑA PROFESIÓN

BUSCO A MIÑA PROFESIÓN


Aplicación web para coñecer as profesion e  a súa  relación comundo laboral e  formativo. Elaborada:l Instituto Galego das Cualificacións (Xunta de Galicia).