Sirius

Sirius

22/11/17

Novembro, UN MES PARA A IGUALDADE

Durante o mes de novembro no IES Indalecio Pérez Tizón de Tui vimos de desenvolver distintas actividaes e talleres arredor da promoción da igualdade entre homes e mulleres e da Prevención da violencia de xénero ou violencia contra as mulleres.
 O 25 de novembro conmemórase o día da NON VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES, xa que esta é unha lacra social e as vítimas son moitas. O horror desta violencia podemos coñecelo simplemente lendo estes datos:
Segundo o xornal El País  entre o mes  de xaneiro e o 10 de novembro deste ano 44 mulleres foron asasinadas a manos das súas parellas ou exparellas. Das mesmas só 9 denuciaran ao seu agresor e 28 convivían co mesmo. Son moitos os factores que impiden ou dificultan ás mulleres denunciar, quizá non é este o lugar máis axeitados para analizalas , pero si desde aquí queremos contribuír a prevención deste tipo de violencia que é estrutural na nosa sociedade supostamente avanzada e democrática.

  No IES durante este mes centramos as actividaes de titoría neste tema e contamos coa colaboración de profesionais externos  (psicóloga, antropólogo) ademais de co profesorado do mesmo .
 Algúnns dos trabalos que desenvolveron os nosos alumnaso e alumnas están publicados no noso perfil de facebook . 

 Hoxe deixamos aquí o exemplo dalgúns deles , non sen antes lembrar que OXALÁ poidamos erradicar este tipo de condutas e actitudes. Desde a educación temos ese compromiso.