Sirius

Sirius

17/11/16

TALLERES DE PREVENCIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES

Xa comezaron os talleres de prevención da violencia de xénero dirixidos a 3º ESO e 1º de FPB. Desenvólvense en colaboración cos Servizos Sociais do Concello e imparte Paula Guerreiro Psicóloga deste Servizo. Entre outros, os contidos deste taller son: o concepto de maltrato, tipos, identificación, actuacións perante o mesmo, e un aspecto moi importante: como xorde o maltrato cara as mulleres na nosa sociedade ( publicidade, ideas erróneas etc) .
Ao longo da vindeira semana realizaremos tamén actividades nas sesións semanais de titoría doutros niveis da ESO, nas que reflexionaremos co noso alumnado sobre a importancia das relacións respectuosas e de igualdade entre mulleres e homes.

No hay comentarios:

Publicar un comentario