Sirius

Sirius

20/10/14

CINEMA NAS AULAS O 22 DE OUTUBRO

O Mércores 22 de outubro comeza unha nova edición de Cinema nas aulas. Este programa desenvólvese desde o Concello de Tui  e está dirixido aos escolares de 2º ESO .
  A película que imos ver é "EL Club de los poetas muertos "
Aquí deixo un breve comenatrio sobre este emocionante filme.

 Sinopse
Nunha rigorosa escola particular elitista de Nova Inglaterra, un grupo de estudantes vai descubrir a poesía, o significado de "Carpe Diem" de entender o momento ea importancia vital de esforzarse para acadar os soños, grazas a un profesor excéntrico, que esperta o seu mente a través de métodos non convencionais. (PRO)

Premios
1990: César: Mellor Filme Estranxeiro.
1989: Oscar: Guión Orixinal. Nomeado Película, Director e Actor (Williams).
1989: 4 indicacións ao Globo de Ouro: drama, director, actor, guión.
1989: BAFTA: Soundtrack Filme. Director nomeado, Actor, Guión, Edición.
1989: David di Donatello: Filme Estranxeiro. Nomeado Actor Director e estranxeiros.


.

CREATIVIDADE E INNOVACIÓN


UN  NOVO VIDEO  QUE PODEMOS VER NAS TITORÍAS

22/9/14

BENVID@S AO NOVO CURSO ESCOLAR




Para comezar a nosa andaina neste curso 2014-2015 achégovos estas dúas curtas de animación que paga a pena ver e traballar nas titorías ou en calqueira outro momento.

6/6/14

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

 O vindeiro Mércores 11 de xuño visitarán o IES os alumnos e alumnas de 6º de Primaria  do CEIP de Guillarei e do CEIP de Caldelas .

  No curso 2014-2015 serán  parte da nosa comunidade educativa como alumnado de 1º ESO.

   Agardamos que pasen unha boa xornada e  que  no próximo  curso escolar teñan  moitas ganas de estudar e  de participar nas actividades do instituto.

15/5/14

IMOS AOS COLEXIOS DE PRIMARIA!



Os día 14,15 e 16 de maio a orientadora do IES irá aos colexios de Primaria adscritos ao IES a informar ao alumnado sobre as características da nova etapa educativa que cursarán a partir do vindeiro curso.
Estes coles son CEIP DE GUILLAREI, CEP DE CALDELAS E CEIP DE REBORDÁNS .