Sirius

Sirius

20/6/13

ACCESO A CICLOS FORMATIVOS de FORMACIÓN PROFESIONAL

SOLICITUDE  DE ACCESO A CICLOS FORMATIVOS
Toda a info recén saída do forno ;-).
Como novidade, destaca a posibilidade de realizara solicitude VÍA WEB www.edu.xunta.es/ciclosadmision, 



Preme aquí:
PRAZOS DE SOLICITUDE E MATRÍCULA

3/6/13

PRAZAS DE RESIDENCIA PARA ESTUDANTES DE FP

No DOG do Martes 14 de maio de 2013 publicouse unha Orde mediante a que se convocan prazas de residencia nos centros residenciais docentes de Vigo, A Coruña e  Ourense . Se che interesa cursar FP en calquera destas cidades podes solicitar as axudas para residir nos CRD das  mesmas seguindo os criterios desta Orde . LEMBRA!, tes de prazo ata o 15 de xuño. 

3/5/13

CHARLA DE AMNISTÍA INTERNACIONAL SOBRE A MULLER

O LUNS DÍA 6 DE MAIO TEREMOS UNHA CHARLA DE AMNISTÍA INTERNACIONAL SOBRE A MULLER. ESTÁ DIRIXIDA AO ALUMNADO DE 3º E.S.O.
COMO SABEDES O NOSO IES FORMA PARTE DA REDE DE ESCOLAS POLOS DEREITOS HUMANOS  E TEMOS COLABORADO EN DIVERSAS CAMPAÑAS CON ESTA ORGANIZACIÓN. 

23/4/13

A RELAXACIÓN

Xa estamos no terceiro trimestre, achégase a fin de curso e as veces os nervios poden con nós. Unha boa estratexia para calmarse e afrontar o quefacer cotiá con enerxía renovada pode ser aprender a relaxarse . Nesta ligazón deixámosche un exemplo dunha sesión de relaxación seguindo a técnica de Jacobson, unha das máis coñecidas. Podes tamén pasar polo departamento de orientación e levar uns días para casa un CD de audio e practicar. Unha vez que vaias dominando a técnica  atoparaste moito mellor!

19/4/13

GLOBOS DE AUGA

Achego un vídeo que invita á reflexión. Poderá traballarse na titoría dentro das actividades de orientación académica e profesional.

Que situación amosa este video? Achégase á realidade? Sería crible se os protagonistas da historia fosen homes ? Por que?  Coñeces o termo Dobre xornada? Que é conciliación laborale familiar?