Sirius

Sirius

5/2/14

QUE SON AS HABILIDADES SOCIAIS ?

Neste video coñeceremos algunhas habilidades sociais básicas para interactuar cos demais.
Unha explicación moi didáctica que clarificará conceptos e  nos introducirá no coñecemento das habilidades sociais básicas . Indicado para os primeiros niveis da ESO e os últimos niveis de Primaria

23/1/14

CINEMA NAS AULAS O VINDEIRO 5 DE FEBREIRO

O vindeiro 5 de febreiro volvemos participar no programa " Cinema nas Aulas" do Concello de Tui. Esta vez a película que imos ver é " PEQUENA MISS SUNSHINE". Un filme moi divertido e premiado  no ano da súa estrea. Agardamos que  gocedes co mesmo!







Aquí tedes una LIGAZÓN para consultar información sobre a película.




http://gl.wikipedia.org/wiki/Little_Miss_Sunshine

13/12/13

SEX INVADERS Páxina no FACE BOOK dedicada á PREVENCIÓN DE INFECCIÓNS DE TRANSMISIÓN SEXUAL

A Consellería de Sanidade  ven de inaugurar esta páxina no FaceBook dedicada a informar sobre as infeccións de transmisión sexual e a previr dita transmisión. Ademais desta información hai unha aplicación para Xogar a "SEX INVADERS E OS PRESERVATIVOS DEFENSIVOS" . Participando nesta páxina poderás gañar  un IPad.



https://sex-invaders.com/