- Para o alumnado matriculado en bacharelato, entre o día 9 de xuño e o 15 de xullo de 2017 (incluído).
- Para o alumnado matriculado en ciclos formativos, entre o día 9 de xuño e o 8 de agosto de 2017 (incluído).
Requisitos:
A persoa solicitante deberá estar matriculada nunha concreta modalidade dun nivel
educativo ou nunha familia profesional ou especialidade dun ciclo formativo, que:
a) Non se imparta en ningún centro sostido con fondos públicos da localidade de residencia habitual da unidade familiar á cal pertenza.
b) Tampouco se imparta nunha localidade que, pola súa proximidade á de residencia habitual ou polos medios de comunicación dispoñibles, permita o desprazamento diario con facilidade.
Excepcionalmente, poderán ser eximidos deste requisito os solicitantes nos cales concorran circunstancias persoais ou familiares moi graves debidamente xustificadas e acreditadas.
DOG do 9 de xuño de 2017
No hay comentarios:
Publicar un comentario